Materiales
Nesta outra sección danse unha lista dos
materiales máis empregados para a construción das
Gaitas e Frautas, xa excluindo a madeira que foi
tratado noutra sección, non estan todos os
materiais xa que nalgúns pedidos especiais
buscase as veces algún outro que o cliente
dexese.
En
canto as Gaitas se refire e neste tamén as
frautas o anellado é un elemento moi importante
a mesma que decorativo, e aquí onde atopamos
unha gran variedade de materiais como son as
diferentes madeiras contrastando así as cores,
temos o Metacrilato (Polimetacrilato de metilo -
CH2=CCH3COOCH3)
damos aquí con tres cores
básicas, o negro, o blanco e o marfil, tamen
temos o Corian un derivado de resina, moi duro e
resistente a mesma vez cunha gran variedade de
cores e imitacións a pedras, cerámica e
veteados, tres variedades de plasticos resinosos
como son o Polipenco, a Fibra Delrin e o
Polywood. Xa entrando nos metais temos como máis
pedido a Prata (47 Ag)
xa que envellece moito o instrumento quedando
así revalorizado a tratarse de un metal
precioso.
Entrando noutros materias para as Gaitas e
Frautas tamén en común, aplicamos o Corcho
natural (Quercus suber) para o estanque
das pezas e de novo uso temos o neopreno
(sintético) na cor negra, dando moi bo
resultado.
No
caso das Gaitas, aquí si que de uso exclusivo
son os Foles, epregábase o pelexo do cabrito,
así como o de becerro, quedando xa hoxe en día
sustituidos polo novo e inovador
Canmore Goretex®
sendo este o que na actualidade se montan debido
as grandes ventaxas que ofrece, en diferentes
tamaños e formas según o gusto e necesidades do
gaiteiro.
©
Cristóbal
Prieto ·2008·