WWW.GAITASPRIETO.COM  

 


 

 Inicio

 Cristóbal Prieto

 Instrumentos

 Madeiras

 Materiales

 Complementos

 O Obradoiro

 Gaiteiros Prieto

 Links

 Contacto

 Extra/Creditos


 

 

 

 

A Gaita Galega


 

    A Gaita é un istrumento musical de vento pertence a familia das Cornamusas. As Cornamusas xa eran coñecidas en Europa e Asia occidental nos tempos do Imperio Romano, moi normal como instrumento de pastores, campesinos etc.. ata chegar a Nobleza e Aristocracia.

   O longo do tempo as Gaitas de culturas e folclores diferentes foron evolucionando, mellorando así como en aspectos de sonoridade (timbre) potencia (intensidade) afinación e rexistro, a través de similitudes entre elas, ata chegar a hoxe en día.

    Se por algo as Gaitas de diferentes paises europeos se semellan e pola súa similitude en certos elementos sonoros como son: os caramillos (Punteiro) e os bordons de lengüeta simple (Roncos ou Roncóns), e sobre todo un elemento indispensable o fol, esa bolsa donde se acumula o aire para facer sonar os distintos roncos e punteiro.

    Dentro do mundo das Gaitas caben destar como mais arraigadas dentro da súa cultura a Gaita Galega, a Gaita Asturiana, a Hailands Pipe (Gaita Escocesa), a Unllean Pipe (Gaita Irlandesa) ou o Biniu Kozt (Gaita Bretona) entre outras.

Gaita Galega completa

    A Gaita Galega componse de varios elementos como son O Punteiro: a peza máis importante da Gaita, pois de aí é donde sae a melodía, e de son doce, para que o Punteiro soe leva unha palleta de doble lengüeta que o vibrar co aire fai sonar. Os Roncos: unha das caracteristicas máis importantes das gaitas son os bordóns que producen unhas notas pedais, na galega temos tres, o Ronco que é o máis grande que a súa vez dividese en tres pezas que son a Prima, Media e Copa, leva un pallón de lengüeta simple e soa dúas octavas por debaixo da tónica do Punteiro, A Ronqueta que a súa vez se compón de dúas pezas a Prima e Copa, tamén leva un pallón de lengüeta simple, esta soa unha octava por debaixo da tónica do Punteiro e o Chillón que tamén se compón de duas pezas, Prima e Copa, leva unha palleta de lengüeta doble que produce unha quinta (dominante) sobre a tónica do Punteiro, ainda que hoxe en día estase tamén a introducir un pallón pequeno sustituindo a palleta que disminue tanto o volumen como a presión de aire necesaria para facer soar o chillón, así mesmo producese un acorde máis proporcionado en intensidade e timbre sendo máis agradable para o oido que se levase unha palleta. Evidentemente que para facer soar todos os Roncos e Punteiro necesitase introducir aire nunha bolsa que lle chamamos Fol a través dun Soprete que ten unha valvula (zapón) que fai que o aire votado non volva.


Gaita Gaitas
Requinta / Pínfano Requintas / Pínfanos
Pito Pitos

© Cristóbal Prieto ·2008·


Inicio Cristóbal Prieto Instrumentos Madeiras Materiales Complementos Obradoiro Contacto

About Us and Educator Guides
© 2008 - CRISTOBAL PRIETO